La amiga, dibujante y profesora en La Biblioteca Central de Vigo, María Vila, me ha pasado el siguiente comunicado (en gallego pero entendible):
Durante este mes estará na biblioteca central de Vigo unha exposición de orixinais do autor de cómics Alex Cal, vigués de nacemento e residente.
A mostra recolle varios dos seus traballos para o mercado americano na sua totalidade, pois é onde traballa. Orixinais de Spiderman ou GIJoe son algúns dos reclamos que chaman a atención. As súas páxinas son do mellor do panorama mundial.
A biblioteca recolle esta exposición ate o día 30 de abril en horario da bilioteca para a súa visita.
Alex foi invitado xa o ano pasado en Viñetas desde o Atlántico por Miguel Anxo Prado e Carlos Portela, ambos autores moi recoñecidos. Podemos salientar tamén que é o español mais xove en publicar e traballar para a Marvel facendo un número da serie Spiderman no ano 2008. Labor ben recoñecida.
En España están editados o seu numero de Spiderman e a serie North Wind, este último por El Patito Editorial.
A exposición que agora está en Vigo é unha das mellores artísticamente falando que se fixo nunca deste autor, pois temos a sorte de contar con orixinais da serie GIJoe que aínda non entregou e que van ser publicados en USA en breve, ademais de páxinas de Spiderman e varias mostras inéditas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario