Exposición de Sinónimos de Lucro en Vigo

EXPOSICIÓN DO FANZINE SINÓNIMOS DE LUCRO NA BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO

Charla-coloquio de portas abertas o sábado 11 de decembro na sala de audiovisuais de 12h. á 13:30h.

A partir do 1 de decembro ata o 9 de xaneiro poderán verse os traballos orixinais dos membros deste fanzine galego.

Sinónimos de Lucro considérase un “fanzine de variedades”: polas súas páxinas atópanse dende zombies a ilustracións, pasando por guerras, polos hipermusculados, relatos, entrevistas, fichas e tiras cómicas.

Saído da mente de David Buceta e Gabriel Iglesias, que se coñeceron gracias ós estudos artísticos, o fanzine completouse ca incorporación de compañeiros de clase, coñecidos e amigos de ambos. Dese modo, Sheila Muíño, David Braña, Ana Castiñeiras ou Olalla Castro integráronse neste proxecto, que contou ca “bendición” e beneplácito de Manel Cráneo, o cal exerceu de padriño da publicación.

No primeiro ano de vida, Sinónimos de Lucro contou entre as súas páxinas con xente do máis dispersa, pero relacionada con calquer forma de expresión artística: desde ilustradores e debuxantes de cómic (Manel Cráneo, Violeta, Alberto Guitián, Mauro Entrialgo, Carla Berrocal, Peter Bagge, Julia Wertz), pasando por músicos (The Pepper Pots, membros da Blues Brothers Band, Danielle Ate The Sándwich, Eme Navarro), directores e guionistas (Guillermo Carandini, Rob Schrab, David Galán), ídolos da infancia (membros do programa educativo El Mundo de Beakman), compañeiros de fatigas “fanzinerosas” (Davida, Noemí Díaz, Eva Morell), ou escritores (Teresa Prado).

Tras presentar o producto en infinidade de ocasións, chegando a tocar gran parte de Galicia (presentacións en Vilagarcía de Arousa, Vigo, A Coruña, Pontevedra), presentando en eventos relacionados co mundiño (Viñetas desde o Atlántico, Salón de Cómic de Barcelona) e dala vara en diferentes medios (Faro de Vigo, La Voz de Galicia, TVG, Canal Rías Baixas, Buenafuente), poderá verse a outra cara da publicación nunha exposición que incluirá desde fotos dos eventos a bosquexos e todo o proceso creativo que saiu das atolondradas mentes dos seus autores.

Ademais, Sinónimos de Lucro anima a todo aquel que queira colaborar a que envíe as súas propostas para poder aparecer nalgún número futuro da publicación.

A exposición conta con material orixinal e inédito de:

Olalla Castro
Ana Castiñeiras
David Braña + Pater (“Beautiful Dead”)
Davida
Gabriel Iglesias (“Ganar una Guerra”)
David Buceta (“Codename: Pollo”)

Para máis información, visitar http://www.sinonimosdelucro.blogspot.com/

No hay comentarios: