XXIII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense

La semana próxima arrancan las XXIII Xornadas de BD de Ourense. Este año dedicadas a Benito Losada, director de las xornadas durante todos estos años, que falleció hace unos meses.
El viernes 7, a las 18:30 h. tendrá lugar la presentación de El Arca de las historietas y Sinónimos de lucro a cargo de un servidor y David Buceta. Os dejo con el resumen del programa. Si lo queréis descargar en pdf. podéis hacerlo aquí.


Cartel de las Xornadas, realizado por José Domingo


EXPOSICIÓNS
Homenaxe a Benito Losada Exposición colectiva dedicada á memoria de Benito Losada, o finado director da Casa da Xuventude e
coordinador deste evento dende os seus inicios. Varios autores de cómic galegos, colaboradores habituais do festival, cederon páxinas de distintos momentos das súas carreiras, nas que condensan a súa traxectoria no medio e fan unha retrospectiva da historia das propias Xornadas, deixando patente a figura de Losada como mecenas dunha xeración de debuxantes que triunfan aquí e no estranxeiro. Con obras do Frente Comixario, Diego Blanco, Hugo Covelo, Sergio Covelo, Manel Cráneo, José Domingo, Alberto Guitián, Javi Montes, Miguel Porto, Bernal Prieto, Emma Ríos, Miguel Robledo, Brais Rodríguez, Roque Romero, David Rubín, Alberto Vázquez e Jano Viñuela. Na Casa da Xuventude

10 anos de Polaqia Tributo ao colectivo Polaqia, un dos grupos de autores de cómic galegos máis activos nesta última década, que anunciou a súa disolución para finais de 2011. Exposición orixinalmente exhibida no edificio Normal da
Universidade da Coruña o pasado verán que reflicte os 10 anos de traballo deste colectivo e que marcou o comezo das súas actividades de despedida. Con orixinais de Hugo Covelo, Emma Ríos, Álvaro López, Luis Sendón, Brais Rodríguez, José Domingo, Diego Blanco, Sergio Covelo, Kike Benlloch, Bernal Prieto, David Rubín e Roque Romero. No Museo Municipal

Certame de Cómic e Ilustración Injuve 2010 Gañadores e seleccionados do certame organizado anualmente polo Instituto de la Juventud (Injuve). Inclúe as obras de Mireia Pérez, Brais Rodríguez, José Antonio Casal, Raquel Aparicio, Juan Díaz-Faes, Pablo Esteban Soto, Néstor Fernández e Alvaro Nofuentes na modalidade de cómic, e de Camille Vannier, Antoni Hervás, Raquel Saiz, Adolfo Serra, Iratxe López, Andrea Fernández, Julia Sainz e Marta Altés na de ilustración. No Museo Municipal

ENCONTROS E PRESENTACIÓNS

Inauguración e entrega do Premio Ourense de BD
O martes 4 de outubro, ás 12:00 h, na Casa da Xuventude, terá lugar a inauguración oficial da 23ª edición das Xornadas de Banda Deseñada. No mesmo acto, farase entrega do Premio Ourense de Banda Deseñada, que distingue cada ano unha iniciativa ou unha traxectoria en relación coa BD en Galicia, e que este ano recae en Demo Editorial. O galardón é unha trofeo deseñado e realizado expresamente para a ocasión polo artista plástico Manolo Figueiras.

Presentación de Demo Editorial Coa presenza de Manel Cráneo, que nos falará das últimas novidades da editorial, e Brais Rodríguez, que presentará e asinará exemplares de A man do diaño, novela gráfica gañadora do Premio Castelao.
Na libraría El Sindicato del Cómic, o venres 7 de outubro, a partir da 13:00 h. Ao finalizar o acto, haberá un viño para os asistentes.

Presentación dobre: David Braña & David Buceta / Alberto Guitián O venres 7 de outubro, a partir das 18:30 h, o guionista e editor David Braña e o debuxante e maquetador David Buceta presentarannos os seus proxectos: a revista El arca de las historietas e o fanzine Sinónimos de lucro. A continuación, a partir das 19:00 h, Alberto Guitián presentará e asinará exemplares da súa última obra, o libro ilustrado El circo lorza, publicado por Dibbuks. Na libraría El Sindicato del Cómic

Encontros de BD O sábado 8 de outubro, a partir das 12:30 h, encontros e mesas redondas cos autores das exposicións.
Entrada libre. Na Casa da Xuventude

Presentación de Polaqia Coa presenza de varios autores do colectivo Polaqia, que presentarán as últimas novidades e lanzamentos da editorial, entre elas o derradeiro número da revista Barsowia.  Na libraría El Sindicato del Cómic, o sábado 8 de outubro, a partir das 17:00 h. 
LOCAIS DAS XORNADAS:
CASA DA XUVENTUDE
Secretaría e Información das Xornadas:
Rúa Celso Emilio Ferreiro 27, 32004 Ourense
Tel. 988 228 500 • cxourense.traballo@xunta.es • www.casaxou.com
Horario de exposicións: 19 a 21.30 h, excepto domingo
MUSEO MUNICIPAL
Rúa Lepanto 8, 32005 Ourense
Tel. 988 248 970 • www.ourense.es
Horario de exposicións: 11 a 13.30 e 18 a 21 h, de martes a sábado;
domingos, de 11 a 13.30 h
EL SINDICATO DEL CÓMIC
Rúa Dr. Marañón 15, 32005 Ourense
Tel. 988 250 828 • libreria@sindicatodelcomic.com  

3 comentarios:

J.A.Rubio dijo...

Pues tenéis suerte, porque en Zaragoza y gracias al ayuntamiento, los recortes empiezan por la cultura y parece que el Salón del comic previsto para diciembre se ha suspendido.

David Braña dijo...

Uf!! Estas Xornadas no cuentan con demasiado apoyo del ayuntamiento este año, se están haciendo gracias a autores, aficionados y demás... Creo que el de Zaragoza al final sí se hace. Saludos

J.A.Rubio dijo...

Puede que tengas razón. Acabo de leer esto:
Los últimos rumores son de que el Ayuntamiento de Zaragoza ha mirado dentro de un cajón y le ha parecido ver dinero suficiente para abrir la Sala Multiusos del Auditorio, montar los stands y promocionarlo todo. Los organizadores, de todas formas, están buscando empresas, a poder ser un poco más serias, que quieran hacer de sponsors.
Pero la cosa sigue estando complicada.