Dende o seu nacemento V Televisión está comprometida coa creación, a innovación e a orixinalidade. O noso lema é "eles fan cousas e nós, queremos velas". Sempre apoiamos aos creadores, as súas obras e as súas ideas. Agora queremos que todo ese talento conflúa nun lugar, na camiseta de V Televisión.
Convidamos a todas as persoas creativas, sexan profesionais do sector ou non, a participar no concurso. As creacións serán libres, pero deberán representar os valores nos que se asenta V Televisión; unha televisión nova, moderna, actual, atrevida e divertida.
DATAS
O plazo de recepción das obras comezará o lunes 2 de abril e extenderase ata o 14 de Maio. Os deseños deberán realizarse en base ás características e formato que se indica no sitio web www.acamisetadevtelevision.es que estarán dispoñibles desde ese día.
O 21 de maio publicaranse os 10 finalistas elixidos por V Televisión, entre os cales un xurado elixirá o deseño gañador que se anunciará o día 30 de maio.
A partir da publicación dos 10 finalistas, e ata o 30 de maio, os internautas poderán tamén votar polo seu deseño favorito entre todos os deseños presentados. O deseño máis votado en Internet levarase o premio do público.
PREMIO
O gañador do premio do xurado recibirá 2.000 euros e verá o seu deseño impreso en centos de camisetas que se espallarán por toda Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario